Organizamos
reunións de traballo | congresos | seminarios | eventos

Axudamos a programar calquera tipo de evento logrando que sexa un éxito rotundo.

Os nosos servizos Contáctenos

Sobre nós

Somos un equipo de profesionais con ampla experiencia no sector de servizos, gran coñecemento da comunidade universitaria, dos recursos da propia USC como sede de reunións de traballo, e da cidade de Santiago de Compostela como destino turístico e cultural.

Cada día son máis os compromisos que un organismo como a USC soporta, coma creadores e difusores de cultura e coñecemento, cada día asume novas relacións no seu entorno social, político, económico e cultural, relacionándose coas institucións e autoridades municipais, autonómicas, nacionais e internacionais. Ademais estamos nun entorno en constante evolución, e a conseguinte evolución das necesidades.

Hoxe en día a Universidade sustenta novas iniciativas xurdidas ao amparo das súas actividades de estudio ou investigación. A nosa Universidade xera un importante volume de eventos, de diversa índole, desde as tipicamente institucionais, como inauguración do curso, ou investiduras de Honoris Causa, que se desenvolven de maneira protocolaria, outros derivados da súa actividade investigadora, como congresos e simposios; e outros xurdidos ao amparo da súa actividade divulgadora, como poden ser o Programa ConCiencia e o Premio Fonseca.

Por estes motivos é polo que nos parece imprescindible dispor dun servizo que organice estes eventos sobres unhas bases comúns para toda a institución.

Ademais, a comunidade universitaria precisa dunha unidade especializada nas súas necesidades e orzamentos, e os visitantes externos precisan un nexo de unión para poder coñecer as posibilidades da USC como sede dos seus eventos.

368
Eventos organizados
99 %
Feedback positivo
20
Espazos disponibles